15 octubre 2006

Mil

Teño algo importante que dicir
agora que vimos de despedirnos
para sempre.
Quérote.
Crávame as unllas,
pero has de saber que tamén fun sincero
as outras mil veces.

(...)

Non, non cortes por favor.
Se colgas,
chamarei a Ras-Al-Khaimah
ou a calquera lado.
Mentres ti falas, non teño frío.

Manuel Rivas. Ningún cisne